Lembras todos os momentos da excursión a Ourense?



O alumnado de 1º, 2º e 3º foron a Ourense a visitar a cidade e tamén a ver unha exposición sobre o Ártico. Tiveron que entrar na exposición en dúas quendas, porque eran moitos, pero así aproveitaron para facer actividades e xogos mentres esperaban aos seus compañeiros.
Fixeron xogos de preguntas por equipos para coñecer máis sobre a cidade e preguntaban con moita educación aos transeúntes para coñecer a información.
Tamén merendaron a media mañá, xantaron, xogaron á comba e á goma e xogaron no parque do Xardín do Posío.
Por último, visitaron as Burgas, comprobando o quente que saía a auga!! Quen recorda a cantos graos??


Entradas populares