Proxecto Os Insectos vs. Proxecto As Formigas

 O alumnado de 2º visitou a aula de 4 anos porque como están investigando sobre os insectos ambos os dous cursos, tiñan moitas ideas que intercambiar. Os maiores léronlles algunhas lecturas sobre os insectos, e máis en particular, as formigas, animais que están estudando. Os de 4 anos contaron o que sabían, que era moito xa, e puxéronlles o reto de investigar o nome dun bicho atopado a partires dunha app. Unha "nezara viridula" resultou ser!

Entradas populares